The Story of Asya Klyachina...
Andrei Mikhalkov-Konchalovsky, 1967
94'. Vídeo. Subt. castelán.
ISTORIYA ASI KLYACHINOY, KOTORAYA LYUBILA, DA NE VYSHLA ZAMUZH / [LA HISTORIA DE ASIA KLACHINA, QUE AMÓ PERO NO QUISO CASARSE] (URSS, 1967)
Dirección: Andréi Konchalovsky. Guión: Yuri Klepikov. Produción: Mosfilm. Fotografía: Georgi Rerberg. Intérpretes: Iya Savvina, Lyubov Sokolova. Duración: 94 minutos.
Unha moza chamada Asia Klyachina, decide sobrelevar o seu embarazo sen preocuparse demasiado polo pai, que non parece interesado en recoñecer ao seu fillo. Outros homes, un en especial, sintense atraídos por ela, pero a moza non amosa interese alguno por eles. A vida da aldea transcorre entre o traballo cotián, a ocasional ledicia e as loitas que se presentan a diario entre os campesiños. Poética e ruda, foi prohibida e a versión íntegra do filme só se puido estrear na Unión Soviética vinte anos despois, logo dun pase previo pola Berlinale co título de Asino scaste / La felicidad de Asia.