El viaje a la luna
Georges Mélies, 1902
14'. DCP. Subt. Castelán. Entrada de balde.
LE VOYAGE DANS LA LUNE
(Francia, 1902)
Dirección, guión e produción: Georges Méliès. Fotografía: Michaut e Lucien Tanguy. Intérpretes: Brunnet, Henri Delannoy. Duración: 14 minutos.
Un grupo de astrónomos reunidos propoñen viaxar á Lúa. Seis deles son lanzados ao espazo nunha cápsula espacial. Golpean contra a Lúa e máncanlle o ollo dereito. Inspirándose en narracións literarias de Verne e H.G. Wells, Méliès inauguraba con este clásico da época pioneira o fantástico e a ciencia-ficción ao tempo que amosaba a súa poesía e capacidade artesanal, un adaíl das trucaxes e a pelexa pola innovación técnica no cine.