APASH, os de fóra
Cora Peña, 2011
88'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
APASH, OS DE FÓRA
(España, 2011)
Dirección e guión: Cora Peña. Produción: Tintimán Audiovisual. Duración: 88 minutos.
Debería ser a crónica dun aventureiro galego que viaxa ao Alto Marañón, en Perú, na procura dun fillo do emigrante ourensán chamado “o rei dos xíbaros” un século atrás. Pero os gardiáns da selva teñen mellores cousas que contar: están acurralados pola voracidade extractiva de Occidente e a Amazonía, o seu fogar e pulmón da Terra, que está en serio perigo de destrución.