Nacional III
Luis G. Berlanga, 1982
102'.
NACIONAL III
(España, 1982)
Dirección: Luis García Berlanga. Guión: Luis García Berlanga e Rafael Azcona. Produción: IN-CINE, Kaktus PC e Jet Films. Fotografía: Carlos Suárez. Intérpretes: Luis Escobar, José Luis López Vázquez, Luis Ciges. Duración: 102 minutos. Coa intención de resolver os seus problemas económicos, a familia Leguineche decide trasladarse a Francia coas súas escasas pertenzas. Así, foxen a Lurdes disfrazados de peregrinos nunha procura última de recuperar o esplendor perdido. O paso do tempo e a rapacidade humana en medio da vitoria do PSOE de 1982, a evasión de capitais das elites ou o chegada de Mitterrand en Francia, pon o peche definitivo á triloxía dos Leguineche, xa que a intención de rodar un cuarto episodio se vería interrompida anos despois pola morte en xaneiro de 1991 de Luis Escobar.