María y yo
Félix Fernández de Castro, 2010
77'. Vídeo.
MARÍA Y YO
(España, 2010)
Dirección: Félix Fernández de Castro. Guión: Félix Fernández de Castro, Miguel Gallardo e Ibon Olaskoaga, sobre a novela gráfica de Miguel Gallardo. Produción: Bausan Films e Pelis Chulas, coa participación de Canal Plus, TVE e ICCA. Fotografía: Sergi Vilanova. Duración: 77 minutos.
O debuxante de cómics e ilustrador Miguel Gallardo, histórica figura do underground en plena bonanza da historieta gráfica e subversiva dos anos da transición, obtén o Premi Nacional do Cómic catalán en 2008 pola edición de María y yo. Afeitos a personaxes emblemáticos como Makoki, a moitos lles colle por sorpresa a tenrura dunha historia biográfica, real, a da propia filla de Gallardo, María, unha nena con autismo que vive en Canarias coa nai. O filme resultante erixe a convivencia do debuxante coa filla durante unha semana de vacacións compartida. Como unha catarse nada traumática, o relato documental aparece cheo de sensibilidade e sentido lúdico.