Los clowns
Federico Fellini, 1971
85’. Subt. Castelán.
I CLOWNS / LOS CLOWNS
(Italia-Francia- República Federal de Alemaña, 1971)
Dirección: Federico Fellini. Guión: Federico Fellini e Bernardino Zapponi. Produción: RAI (Italia), ORTF (Francia) e Bavaria Films (RFA). Fotografía: Dario di Palma. Intérpretes: Riccardo Billi, Tristan Rémy, Anita Ekberg. Duración: 85 minutos. A admiración polo circo (e a traumática experiencia iniciática cos paiasos na súa infancia) da lugar a un dos filmes menos coñecidos do seu autor, un tributo tan explícito como elaborado ao mundo circense e a figura concreta do clown en tres compases. Encargo da RAI, ficción e non ficción mesturadas serven para ofrecer unha reflexión crepuscular, un réquiem acompañado de entrevistas e actuacións, outra impugnación ao relato clásico e ás formas canónicas do documental, logo da memorable experiencia de Block-notes di un regista (1969), sobre o proxecto fallido de Mastorna.