Homenaxe a Miguel Gato
Miguel Gato
66‘ . Cine / vídeo.
Mesa redonda coa presenza de Juan Hernández Les, Miguel Castelo e Víctor Ruppén.
Entrada gratuíta.
O HERDEIRO
(España, 1976)
Dirección: Miguel Gato. Guión: Miguel Gato e Antonio F. Simón. Produción: Víctor Ruppén. Fotografía: Roberto Gómez. Intérpretes: Pilar Losada, Miguel Arrieta. Duración: 17 minutos.
A morte dun vello facendado fai que o seu neto viaxe da cidade, onde vive, ao campo. Ali algúns insisten para que quede á fronte da propiedade familiar. Premio á mellor curtametraxe no Festival de Huesca, unha das curtametraxes realizadas en cine pioneiras en Galicia logo de que o recentemente falecido e homenaxeado nesta sesión Miguel Gato (1948-2010) vise como desaparecía, secuestrada polo Tribunal de Orden Público, a súa longametraxe A tola (1974).
YEGUAS PREÑADAS POR EL VIENTO
(España, 1977)
Dirección: Miguel Gato. Guión: Ismael González. Produción: Ars Film. Fotografía: Roberto Gómez. Duración: 11 minutos.
Pertencente á serie de títulos comprendidos en Viejas costumbres gallegas, un percorrido pola labor dos cabalos bravos en distintos lugares de Galicia, cunha perspectiva insólita. Produción e guión de Ismael González.
OS CIGARRÓNS
(España, 1977)
Dirección: Miguel Gato. Guión: Ismael González. Produción: Ars Film. Fotografía: Roberto Gómez. Duración: 8 minutos.
Tamén pertencente a Viejas costumbres gallegas, un achegamento ao popular entroido de Laza (Ourense).
PESQUISAS. O CASO DAS GALIÑAS AFORCADAS
(España, 1991)
Dirección: Miguel Gato. Guión: Xulio Fontecha, Francisco Taxes e Lino Braxe. Produción: Sincro Produccións SL. Fotografía: Juan Carlos Gómez. Intérpretes: Antonio Durán “Morris”, Manuel Manquiña. Duración: 31 minutos.
Capítulo piloto do que ía ser a serie televisiva Pesquisas, centrada nos casos que ten que resolver unha axencia de detectives.