Trópico de cáncer
Joseph Strick, 1970
87’. Subt. Galego.
TROPIC OF CANCER / [TRÓPICO DE CÁNCER]
(Estados Unidos, 1970)
Dirección: Joseph Strick. Guión: Joseph Strick e Betty Bltley, sobre a novela de Henry Miller Trópico de Cáncer. Produción: Tropic Productions. Fotografía: Alain de Robe. Intérpretes: Rip Torn, Ellen Burstyn. Duración: 87 minutos.
A vida sen rubor do expatriado norteamericano Henry Miller en París, unha existencia marcada polo compromiso artístico, o sexo, as amizades e os cartos. Logo de abandonar Nova York, Miler vive na capital francesa a base de préstamos, case na indixencia. A visita e rexeitamento da súa muller produce unha espiral de desenfreo no escritor. Adaptación da célebre narración confesional e autobiográfica de Henry Miller.