Ha entrado un ladrón
Ricardo Gascón, 1949.
98’. Vídeo.
HA ENTRADO UN LADRÓN
(España, 1949)
Dirección: Ricardo Gascón. Guión: Ricardo Gascón e Manuel Bengoa, sobre a narración de Wenceslao Fernández Flórez. Produción: Titán Films. Fotografía: Enzo Serafín. Intérpretes: Roberto Font, Margaret Genske. Duración: 98 minutos.
Jacinto Remesal marcha da súa vila natal, San Fiz, a Madrid. Alí, onde esperaba atopar novos horizontes, descobre que a vida pode ser tamén amarga e monótona. Unha tentativa de roubo á que asiste na veciñanza permítelle coñecer unha moza, Natalia, da que se namora perdidamente, aínda que non parece ser correspondido.