El destino se disculpa
José Luis Sáenz de Heredia, 1945.
66’.
EL DESTINO SE DISCULPA
(España, 1945)
Dirección e guión: José Luis Sáenz de Heredia. Produción: Ballesteros. Fotografía: Hans Scheib. Intérpretes: Rafael Durán, Fernando Fernán-Gómez. Duración: 66 minutos.
Ramiro Arnal é un poeta mozo farto da súa localidade natal. Xunto a Teófilo Dueñas, incipiente actor, viaxa a Madrid na procura de ambicións máis elevadas. A sucesión de fracasos só se ve mitigada pola inesperada herdanza dun tío de Ramiro emigrado a Cuba. Pero Ramiro reacciona fatalmente á nova.