Demolition / Chaiqian
John Paul Sniadecki, 2008.
62’. Vídeo. Subt. Galego.
DEMOLITION / CHAIQIAN
(Estados Unidos, 2008)
Dirección, guión e fotografía: John Paul Sniadecki. Produción: Film Study Center. Duración: 62 minutos.
Retrato do espazo urbano e as condicións laborais dos traballadores emigrantes en Chengdu (provincia de Suichuan, China). Desde a observación de paisaxes en transformación á participación e interacción cun grupo de traballadores desprazados, unha análise das desigualdades da natureza transitoria da experiencia urbana. Premio Joris Ivens en Cinéma du Réel 2009, presente no certame navarro Punto de Vista 2010.