
Un sourire malicieux éclaire son visage
Christelle Lheureux, 2009.
75’. Vídeo. Subt. Galego
UN SOURIRE MALICIEUX ÉCLAIRE SON VISAGE
(Francia, 2009)
Dirección e guión: Christelle Lheureux. Produción: Atopic. Fotografía: Frédéric Serve. Intérpretes: Adrien Michaux, Clémentine Poidatz. Duración: 75 minutos.
Un actor describe secuencias sen diálogo de Los pájaros de Alfred Hitchcock. Ao facelo atopa poeticamente as verbas precisas para as sutilezas de cada imaxe. Os encargados deste traballo de representación forman parte dun set cinematográfico localizado nun bosque nocturno, que adquire progresivamente máis densidade envolto na banda sonora da película de Hitchcock. O campo de relacións que establecen, a trama e o misterio do son crean xogos, evocacións e ensoñacións continuas.