MI VECINO TOTORO
Hayao Miyazaki, 1988
86´. Subtítulos en castelán.
TONARI NO TOTORO / MI VECINO TOTORO
(Xapón, 1988)
Dirección e guión: Hayao Miyazaki. Produción: Tokuma-Shoten, Studio Ghibli e Nibariki. Duración: 86 minutos.
A historia de dúas nenas, Satsuki e Mei, que se trasladan ao campo a vivir co pai, mentres a nai se recupera dunha grave enfermidade nun hospital da zona. Nun bosque próximo, as nenas descobren a existencia de seres extraordinarios, os espíritos do bosque, que só poden ver as persoas de corazón puro. Cando Mei, intentando chegar ao hospital para ver a súa nai, se extravía, Satsuki recorre a Totoro, o rei do bosque, para que lle axude a atopar a súa irmá pequena. Clásico do cine de animación, referente do estilo e modos laborais de Studio Ghibli. Miyazaki (El viaje de Chihiro) é o director xaponés máis reputado do último cuarto de século.