
CHER AMI
Miquel Pujol, 2009
85´. Vídeo.
CHER AMI
(España, 2009)
Dirección: Miquel Pujol. Guión: Miquel Pujol e Ibán Roca. Produción: Acció, Digital Dreams e Euroview en colaboración con Televisió de Catalunya. Fotografía: Donato Fierro. Duración: 85 minutos.
Outubro de 1918. A tranquila vida de Cher Ami e dos seus amigos da granxa vese ameazada pola chegada da Gran Guerra aos bosques de Argonne. Un destacamento das forzas aliadas instalarase na granxa. Divertida aventura inspirada nunha historia real que gañou o Gaudí ao mellor título de animación.