
LA BANDA DE LOS GRISSOM
Robert Aldrich, 1971
128´. Subtítulos en galego.
THE GRISSOM GANG / LA BANDA DE LOS GRISSOM
(Estados Unidos, 1971)
Dirección: Robert Aldrich. Guión: Leon Griffiths, sobre a novela El secuestro de Miss Blandish de James Hadley Chase. Produción: Robert Aldrich para Associates & Aldrich e ABC Pictures. Fotografía: Joseph Biroc. Intérpretes: Kim Darby, Scott Wilson, Tony Musante. Duración: 128 minutos.
Unha banda criminal dirixida por unha nai sádica secuestra a unha rica e xove herdeira de Kansas. A vítima acaba mantendo unha ambigua relación cun dos seus captadores, que desemboca nunha patética historia de amor. Memorable melodrama criminal que co seu romantismo perverso, uso da violencia e creación de atmosferas impregnadas de desasosego e hipocrisía moral vincúlase ao resto da produción de Aldrich, excelente e esquecido cineasta.