
CHINA GATE
Samuel Fuller, 1957
97´. Subtítulos en galego.
CHINA GATE
(Estados Unidos, 1957)
Dirección e guión: Samuel Fuller. Produción: Samuel Fuller para Globe Enterprises. Fotografía: Joseph F. Biroc. Intérpretes: Gene Barry, Angie Dickinson, Nat «King» Cole. Duración: 97 minutos
Cando se achega o final da guerra de Indochina, un grupo de mercenarios son recrutados para atravesar o territorio inimigo ata a fronteira chinesa e voar un depósito de armas. Unha contrabandista euroasiática acepta empregar os seus contactos co obxectivo de axudarlles, mais a cambio de poder levar ao seu fillo bastardo a América. Mestura xenérica (melodrama, aventuras, cine bélico), de novo a complexidade dos conflitos raciais e constantes secuencias de enorme talento noutro cóctel de compoñentes propios do cine de Fuller.