
FLOWER IN THE POCKET
Liew Seng Tat, 2007.
97´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
FLOWER IN THE POCKET
(Malasia, 2007)
Dirección e guión: Liew Seng Tat. Produción: Da Huang Pictures. Fotografía: Albert Hue. Intérpretes: Wong Zi Jiang, Lim Ming Wei. Duración: 97 minutos.
A película que finalmente sitúa no punto de mira á singular nouvelle vague do cine malaio, unha tendencia onde a produción de signo independente e a cooperación entre cineastas locais marcan a pauta a seguir por futuras xeracións. Un filme pequeno, sen pretensións, sobre dous irmáns que crecen sen nai e cun pai que non lles fai ningún caso, rodado con sentido do humor e mesturando a comedia absurda coa sátira social e a observación das miserias familiares. Premiada en Róterdan, Deauville e Toronto.