INNOCENCE
Lucile Hadzihalilovic, 2003.
117´. Subtítulos en galego.
INNOCENCE
(Francia-Gran Bretaña-Bélxica, 2003)
Dirección e guión: Lucile Hadzihalilovic, sobre a novela Mine-Haha, o la educación física de las ninas de Frank Wedekind. Produción: Ex Nihilo. Fotografía: Benoît Debie. Intérpretes: Zoé Auclair, Bérangère Haubruge, Marion Cotillard. Duración: 117 minutos.
Nalgún lugar no interior dun bosque atópase un internado onde rapazas entre seis e doce anos reciben unha educación baseada na danza e a bioloxía. O misterio rodea as circunstancias nas que ingresan e abandonan a institución, da que non poden saír mentres dura a súa formación. Chega unha rapaza e Bianca, a máis vella do grupo, é a encargada de introducila nesa nova orde, converténdose en figura protectora. Non obstante, todas as noites ás nove en punto, Bianca deixa a casa rumbo a un encontro e un segredo que non pode desvelar.