
YEELEN (LA LUZ)
Souleymane Cissé, 1987
101´. Subtítulos en galego.
YEELEN / YEELEN (LA LUZ) (Mali-Burkina Faso-Francia-Alemaña, 1987) Dirección e guión: Souleymane Cissé. Produción: Les Films Cissé. Fotografía: Jean-Noël Farragut e Jean-Michel Humeau. Intérpretes: Issiaka Kane, Niamanta Sanogo. Duración: 101 minutos. Un vello feiticeiro africano, representante dunha tradición secreta imperante na súa etnia, persegue ao seu fillo para destruílo por non respectar os seus mesmos preceptos relixiosos. Na súa fuxida, as diversas peripecias polas que atravesa o mozo convértense nas probas dun penoso proceso cara á madurez. Chea de lirismo e fermosura, gaña o Premio Especial do Xurado en Cannes. Música de Salif Keita.