EL EXTRAÑO AMOR DE MARTHA IVERS
Lewis Milestone, 1946.
116´. Subtítulos en galego.
THE STRANGE LOVE OF MARTHA IVERS / EL EXTRAÑO AMOR DE MARTHA IVERS (Estados Unidos, 1946) Dirección: Lewis Milestone. Guión: Robert Rossen, sobre a novela Love Lies Bleeding de John Patrick. Produción: Hal B. Wallis Productions, Paramount Pictures. Fotografía: Victor Milner. Intérpretes: Barbara Stanwyck, Van Heflin, Lizabeth Scott, Kirk Douglas. Duración: 116 minutos. Martha Ivers herdou unha fortuna e está casada co fiscal do distrito. Un día atopa a un amigo da xuventude que descobre a orixe delituosa da súa fortuna. Martha proponlle un trato. Derradeira colaboración de Rossen como guionista con Lewis Milestone nunha afortunada mostra de cine negro con pinceladas marxistas e unha sutil posta en escena.