
THE MAN FROM LONDON
Béla Tarr, 2007
139´. Subtítulos en castelán.
A LONDONI FÉRFI / THE MAN FROM LONDON
(Hungría-Francia-Alemaña, 2007)
Dirección: Béla Tarr. Guión: Béla Tarr e László Krasznahorkai, sobre a novela de Georges Simenon. Produción: TT Filmmuhely, 13 Productions, Black Forest Films, Ognon Pictures, Cinema Soleil, Von Vietinghoff Filmproduktion. Fotografía: Fred Kelemen. Intérpretes: Miroslav Krobot, Tilda Swinton. Duración: 139 minutos.
Maloin apenas advirte o mundo que o rodea e acaba por aceptar o lento e inevitable deterioro da súa existencia, así como a súa profunda soidade. Tras ser testemuña dun asasinato a súa vida dá un xiro radical e comeza a enfrontarse a cuestións relativas á moral, o pecado e o castigo.