AN INJURY TO ONE
Travis Wilkerson, 2002
53´. Subtítulos en galego.
AN INJURY TO ONE (Estados Unidos, 2002) Dirección e guión: Travis Wilkerson. Produción: First Run Features e Icarus Films. Duración: 53 minutos. Definida polo seu autor, discípulo do cineasta cubano Santiago Álvarez, como “película social anti-social sobre o socialismo”, é a súa propia voz a que narra o saqueo de Butte (vila mineira de Montana) por parte dos poderes capitalistas, encarnados na compañía Anaconda. O resultado: 10.000 mineiros mortos, 25 billóns de dólares de beneficio pola extracción de cobre e, como fito simbólico, o asasinato, en 1917, de Frank Little, un dos lendarios Wobblies, sindicalistas que loitaban polos dereitos dos traballadores desde unha óptica socialista. Un crime que o director fai reverberar como gran metáfora do devir do capitalismo global.
-
Novo Documental Americano
Branson: Musicland USA
Little Flags
The Gift
AN INJURY TO ONE
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.