
EL BOSQUE DEL LOBO
Pedro Olea, 1970.
85´. Entrada gratuíta.
EL BOSQUE DEL LOBO
(España, 1970)
Dirección: Pedro Olea. Guión: Juan Antonio Porto e Pedro Olea, sobre a novela “El bosque de Ancines” de Carlos Martínez-Barbeito. Produción: Amboto PC. Fotografía: Federico G. Larraya. Intérpretes: José Luis López Vázquez, Amparo Soler Leal, Antonio Casas, John Steiner, Alfredo Mayo. Duración: 85 minutos.
Benito Freire é un quincalleiro, bo coñecedor de camiños polos que guía á xente ao tempo que vende mercadorías. Afectado de epilepsia, no bosque de Ancines Benito asasina con impunidade os viaxeiros. Comeza a estenderse a lenda polo lugar de que hai un home lobo. Baseado na historia real de Manuel Blanco Romasanta, sobre a que o propio Vicente Risco escribira o seu discurso de investidura na Real Academia Galega, un título de terror de culto que, con boa acollida nas salas e pola crítica, foi rodado en Galicia.