UN, DOS, TRES...AL ESCONDITE INGLÉS
Iván Zulueta, 1969.
105´.
UN, DOS TRES,...AL ESCONDITE INGLÉS
(España, 1969)
Dirección: Iván Zulueta. Guión: Iván Zulueta e Jaime Chávarri. Produción: El Imán. Fotografía: Luis Cuadrado. Intérpretes: Patty Shepard, Mercedes Juste, José María Iñigo. Duración: 105 minutos.
Un grupo de mozos entusiastas da música moderna oponse a que o seu país se vexa representado por unha canción afectada e melódica no Festival de Mundocanal. Orixinal, subversivo e creativo ensaio musical de pop á española que significou no seu momento unha saudable ruptura trazada por moitos compoñentes vangardistas. Inspirándose en 1968 na experiencia do espazo de TVE “Último grito”, programa de música pop presentado por José María Iñigo, e pensado como sátira do certame de Eurovisión, unha mestura de modernidade e psicodelia, elementos tomados do cine cómico, a publicidade, o cómic, o videoclip, os irmáns Marx ou Richard Lester, con aparicións de Antonio Drove, Borau, Tina Sainz e María Isbert.