SOLARIS
Andrei Tarkosvki, 1972
168´. Subtítulos en castelán. 2º pase o día 3 de xullo.
SOLARIS (Unión Soviética, 1972) Dirección: Andrei Tarkovski. Guión: Andrei Tarkovski e Friedrich Gurenstein, sobre a novela homónima de Stanislaw Lem. Produción: Mosfilm. Fotografía: Vadim Yusov. Intérpretes: Natalia Bondarchuk, Donatas Banionis. Duración: 168 minutos. A misión Solaris estableceu unha base nun planeta onde hai indicios de vida. Tras a misteriosa morte dun dos tres científicos encargados da base, un psiquiatra viaxa para substituílo. Axiña comprenderá a desconcertante natureza da súa misión. Premio Especial do Xurado en Cannes para unha inesquecible versión da novela de Stanislav Lem que, en plena guerra fría, chegou a ser publicitada como o “2001” soviético.