ANDREI RUBLIEV
Andrei Tarkovski, 1966
185´. Subtítulos en castelán.
STRASTI PO ANDREJU / ANDREI RUBLIEV
(Unión Soviética, 1966)
Dirección: Andrei Tarkovski. Guión: Andrei Tarkovski e Andrei Konchalovsky. Produción: Mosfilm. Fotografía: Vadim Yusov. Intérpretes: Anatoli Solonitsyn, Ivan Lapikov, Nicolai Grinko. Duración: 185 minutos.
Na Rusia do turbulento século XV, entre invasións tártaras e loitas internas entre príncipes, un monxe, Andrei Rublev, o “Giotto ruso”, famoso polas súas iconas, é chamado a Moscova para pintar os frescos da Catedral da Asunción do Kremlin. Acusada polas autoridades soviéticas de revisionismo histórico, causa de fascinación para Bergman, premio FIPRESCI en Cannes, os elementos que configuran a obra de Tarkovski, como lembraba Stan Brakhage, se funden: a construción da épica dun modo persoal e a realización do traballo do soño na iluminación dos límites do inconsciente.