
MUERTE EN EL VALLE
Christina Hardt, 1996
50´. Vídeo. Entrada gratuíta.
MUERTE EN EL VALLE
(Estados Unidos-Reino Unido, 1996)
Dirección, guión e fotografía: Christina María Hardt. Produción: CM Pictures para Channel Four Television. Duración: 50 minutos.
Unha directora nova e norteamericana, neta dun enlace da guerrilla antifranquista, investiga a morte do seu avó ata encontrar ao asasino. En 1948 o avó de Christina María Hardt foi asasinado pola Garda Civil. Cincuenta anos máis tarde ela volve a España para descubrir a verdade sobre como morreu. Aquí descobre a guerra clandestina que o levou á morte. Aquí desenterra o odio e o medo dun pobo que intenta esquecer o seu pasado, e aquí enfróntase á súa propia familia por unha historia que nin eles mesmos queren que ela descubra.