
EL TREN DE LA MEMORIA
Marta Arribas e Ana Pérez, 2005
90´. Cine. Entrada gratuíta.
EL TREN DE LA MEMORIA
(España, 2005)
Dirección e guión: Marta Arribas e Ana Pérez. Produción: Producciones La Iguana. SL, Oasis PC, SL. Fotografía: Antonio González. Duración: 90 minutos.
España, anos sesenta: dous millóns de españois saen do país empuxados pola necesidade. O seu destino: Alemaña, Francia, Suíza e os Países Baixos. A metade son clandestinos e viaxan sen contratos de traballo; o oitenta por cento son analfabetos. Ante eles levántase o muro do idioma e os costumes diferentes. Na actualidade en España outros necesitados petan na porta dun país próspero. Case ninguén se acorda da outra historia. Josefina, si. Ela lembra a súa viaxe no tren da memoria. Destino: Nuremberg, Alemaña.