
DESPUÉS DE...
Cecilia e José Juan Bartolomé, 1981
189´. Vídeo. Entrada gratuíta.
DESPUÉS DE...
(España, 1981)
Dirección e guión: Cecilia e José Juan Bartolomé. Produción: PC Ales SA. Fotografía: José Luis Alcaine. Duración: 189 minutos.
Dividido en dúas partes (“No se os puede dejar solos” e “Atado y bien atado”), un dos filmes emblemáticos do documentalismo político desenvolvido en España realizado co propósito de reconstruír a historia da primeira transición. O compromiso de representar con rigor o panorama social e ideolóxico daqueles anos queda demostrado grazas á participación de diferentes testemuñas pertencentes ás distintas clases sociais, á vez que aborda certos aspectos problemáticos da transición á democracia (tensións no País Vasco, movemento obreiro, loitas das mulleres, situación da mocidade e o emprego, fonda división ideolóxica entre dereitas e esquerdas, a ameaza do fascismo...), aspectos que este filme-enquisa indaga outorgándolle o protagonismo absoluto á cidadanía anónima.