AL ROJO VIVO
Raoul Walsh, 1949
114´. Subtítulos en castelán.
WHITE HEAT / AL ROJO VIVO (Estados Unidos, 1949) Dirección: Raoul Walsh. Guión: Ivan Goff e Ben Roberts, sobre un argumento de Virginia Kellogg. Fotografía: Sidney Hickox. Produción: Warner Bros. Intérpretes: James Cagney, Virginia Mayo, Edmond O´Brien. Duración: 114 minutos. Un gángster en decadencia prepara unha serie de golpes. Epiléptico, cruel e psicótico, Cody Jarrett ten unha nai hiperprotectora, unha moza e unha banda que agocha máis dun segredo. Un dos grandes relatos tráxicos de Walsh, trazado sen concesións. O tema do traidor como heroe, a complexidade das relacións humanas e a soidade e o individualismo do fóra da lei vense atravesados por unha memorable terna protagonista de actores.