SPIDER
David Cronenberg, 2002
102´. Subtítulos en castelán.
SPIDER
(Canadá-Gran Bretaña, 2002)
Dirección: David Cronenberg. Guión: Patrick McGrath, sobre a súa narración. Produción: Capitol Films, Artists Independent Network, Odeon Films, Media Suits, Catherine Bailey, Davis Films, Grosvenor Park Productions, Téléfilm Canada. Fotografía: Peter Suschitzky. Intérpretes: Ralph Fiennes, Miranda Richardson, Lynn Redgrave, Gabriel Byrne. Duración: 102 minutos.
Dennis acaba de saír do manicomio para vivir nun centro de acollida. Os recordos da infancia, a dualidade e trastornos da súa personalidade esquizoide e torturada, a representación mental que se fai de certos (e criminais) acontecementos do pasado non o deixan descansar. Análise das alteracións da mente nun xogo narrativo que viaxa con habilidade ao punto de partida da auténtica dor, achegando luz sobre outro compoñente da súa obra, as emanacións da psicanálise.