VIDEODROME
David Cronenberg, 1982
89´. Subtítulos en galego.
VIDEODROME (Canadá, 1982) Dirección e guión: David Cronenberg. Produción: Filmplan International Inc., coa participación de CFDC. Fotografía: Mark Irwin. Intérpretes: James Woods, Sonja Smits, Deborah Harry, Peter Dvorsky, Les Carlson. Duración: 89 minutos. Max Renn dirixe unha cadea de televisión en Toronto. A canle está especializada en contidos violentos e pornografía suave. Atraído por un misterioso programa de televisión, “Videodrome”, que ofrece tortura, sadismo e violencia extrema, Max intenta ampliar o negocio. Paralelamente, a súa relación cunha locutora de televisión, Nicki Brand, adquire trazos sadomasoquistas. Unha das obras mestras do realizador canadense, maxistral acomodo das mutacións da carne e da mente e profética anticipación da invasión audiovisual e do poder dos medios.