LA PRIMA ANGÉLICA
Carlos Saura, 1974
105’
LA PRIMA ANGÉLICA (España, 1974) Dirección: Carlos Saura. Guión: Carlos Saura e Rafael Azcona. Produción: Elías Querejeta P.C. Fotografía: Luis Cuadrado. Intérpretes: José Luis López Vázquez, Lina Canalejas, Fernando Delgado. Dur.: 105 min. Un proceso de mestura de tempos na mente dun home de mediana idade lévao a rememorar e vivir de corpo presente, desde a infancia na Guerra Civil, pasaxes da súa vida. En plena descomposición do franquismo, Saura, atravesando a súa época máis gloriosa, aplicaba con sagacidade a terapia do relato privado ascendido á categoría de imaxinario colectivo. Premio Especial do Xurado no Festival de Cannes, o filme sufriu ataques oficiais e atentados ultras nas salas, irritados pola memorable secuencia do falanxista co brazo escaiolado en alto.
-
Rafael Azcona
LA PRIMA ANGÉLICA
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Proxéctase xunto con 'O visgo máxico' (Lhosca Arias, 2000) 5'