Memorias de una doncella / The Diary of a Chambermaid
Jean Renoir, 1946
86'. DCP. Subt. Castelán
Memorias de una doncella / The Diary of a Chambermaid
(EEUU, 1946)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Burgess Meredith, basado en la novela de Octave Mirbeau. Intérpretes: Paulette Godard, Burgess Meredith, Francis Lederer, Reginald Owen. Dur.: 91'.
Célestine é contratada na casa dunha familia moi conservadora onde todos seguen as directrices de Madame Lanlaire. O principal rival da familia é o capitán Mauger, un excéntrico vello republicano. Célestine recibe a encomenda de coidar de Georges, o fillo da familia, enfermo de tuberculose e do que acabará namorándose. “Renoir leva a termo sen pexas e cunha marabillosa unidade de estilo, unha das ideas fundamentais da súa inspiración: a síntese do cómico e do dramático. Mais se La regla del juego non era máis ca un ‘drama alegre’, Memorias de una doncella é unha traxedia burlesca, nos límites da atrocidade e da farsa.” (André Bazin)