Mauro
Hernán Rosselli, 2014
80'. DCP
MAURO
(Arxentina, 2014)
Dirección, guión e fotografía: Hernán Rosselli. Intérpretes: Mauro Martínez, Juliana Simoes Risso, Juan Pablo Suárez, Victoria Bustamante. Dur.: 80’.
Mauro é un “pasador”, alguén que pon en circulación billetes falsos, entregando billetes de alta denominación (falsos) e recollendo o cambio en billetes legais. Mauro parece estar ao servizo dun misterioso personaxe, un taxista, pero este “laburo” non parece ter maior importancia para el. En realidade o que Hernán Roselli retrata é todo un submundo, unha comunidade moi concreta do sur do Gran Buenos Aires, que ten as súas propias regras, económicas e morais.