Los exiliados románticos
Jonás Trueba, 2015
70'. DCP
LOS EXILIADOS ROMÁNTICOS
(España, 2015)
Dirección e guión: Jonás Trueba. Fotografía: Santiago Racaj. Intérpretes: Vito Sanz, Renata Antonante, Francesco Carril, Isabelle Stoffel, Luis E. Parés. Dur.: 70'.
Tres amigos emprenden unha viaxe sen razón aparente. Algúns poderían dicir que se trata de queimar as últimas naves da xuventude mentres outros falarán da decadencia do xénero masculino. Los exiliados románticos fala un pouco diso e doutras cousas non menos transcendentes, durante un traxecto longo e á vez curto en que os personaxes van ao encontro de amores idílicos e á vez efémeros, coa única misión de se sorprender a si mesmos e de seguir sentíndose vivos.