Long men kezhan / La posada del dragón
King Hu, 1967
111'. DCP. Subt. Castellano
Long men kezhan / La posada del dragón
(Taiwán, 1967)
Dirección e guión: King Hu. Fotografía: Hua Hui-Ying. Intérpretes: Lingfeng Shangguan, Chun Shih, Ying Bai, Tsao Jian, Xue Han, Miao Tien. Dur: 111'.
O primeiro filme que fixo Hu en Taiwán logo de deixar Shaw Brothers, La posada del dragón, é un estimulante conto de época sobre un trío heroico que desafía as desapiadadas forzas de seguridade secretas dun déspota para protexer unha familia de exiliados políticos. Desprégase un esquisito tirapuxa en que cada facción proba cadansúa arte marciail. Coa súa nova liberdade, Hu dá forza ao manexo da espada no xénero ao tomar emprestadas tradicións da Ópera de Beixín e ao coreografar o filme atendendo aos ritmos percusivos tradicionais en escena. Así mesmo, comeza a xuntar un grupo de leais actores e axúdaos a lanzar a súa carreira. Un destes, Miao Tien, acabaría por ter aparicións destacadas nos filmes de Tsai Ming-liang, mesmo no tributo que Tsai rendeu a esta parte da carreira de Hu na emotiva Goodbye Dragon Inn.