Le cercle rouge / Círculo rojo
Jean-Pierre Melville, 1970
140'. DCP. Subt. Castelán
Le cercle rouge / Círculo rojo
(Francia, Italia, 1970)
Dirección e guión: Jean-Pierre Melville. Fotografía: Henri Decaë. Intérpretes: Alain Delon, Bourvil, Gian Maria Volonté, Yves Montand. Dur: 130'.
Tres delincuentes, un vello poli, un bandido e un home en fuga atópanse e deciden dar o golpe do século roubando unha xoiería en plena noite. Mais Mattei, un arisco inspector, intenta atrapalos. Logo do roubo, o trío precisa colocar a mercancía, o que non resulta doado porque as xoias son facilmente identificables. Ao ser rexeitados polo seu contacto habitual, acabarán por caer nunha trampa tendida por Mattei. Mais por que motivos chegaron ata aquí e cales son as verdadeiras motivacións de cadaquén neste golpe?