LAS ORILLAS
Sergio Wolf, 2007
65´. Vídeo. Presentación a cargo do crítico Gustavo Noriega e o director Sergio Wolf. Entrada gratuíta.
LAS ORILLAS
(Arxentina, 2007)
Dirección e guión: Sergio Wolf. Produción: Eduardo Yedlin. Fotografía: Fernando Lockett. Duración: 65 minutos.
Unha “biografía” sobre o río Uruguay, fronteira natural que percorre, divide e une unha parte importante da provincia de Misiones en Arxentina con diversos estados de Brasil. Un río case nunca filmado e pouco menos que sen poboacións, pero si con xente que vive entre as súas beiras. Os idiomas español e portugués fúndense nunha lingua común e permiten o intercambio cultural e simbólico no que o traballo acaba por discutir a idea militar e xeopolítica asociada á fronteira.