La venganza
Juan Antonio Bardem, 1958
104'. 35mm
La venganza
(España, Italia, 1958)
Dirección e guión: Juan Antonio Bardem. Fotografía: Mario Pacheco. Intérpretes: Carmen Sevilla, Raf Vallone, Jorge Mistral, Fernando Rey. Dur: 104'.
“(...) Con este fresco dedicado a describir a vida das cuadrillas de segadores que desde as terras da Iberia marxinal (Andalucía e Galicia) se desprazaban ás terras castelás no tórrido verán mesetario para levar a cabo as tarefas da sega e da trilla dos cereais, Bardem estaba a piques de darlle un xiro ao seu cinema co que pretendía abrir un novo ciclo cinematográfico (contando coa incerta permisividade dunha censura que para eses días xa o miraba con algo máis de desconfianza) formado por unha serie de películas en que puidese levantar un panorama o máis amplo posible sobre o mundo do traballo. (...)
Os avatares da sega servirán para que Bardem poida ir destilando, pacientemente, o seu discurso. Así, cando con motivo da lesión de “El Tinorio” (Manuel Alexandre), Juan lle reprocha a Luis que “sempre fostes igual (...) cousas que eran doutros quedáronvos entre as mans” e está a piques de se desatar violentamente o antagonismo entre os dous homes, Santiago “El Viejo” (José Prada) intervirá para lembrar unha lección esencial: “Aquí non hai nada máis importante que o pan dos nosos; e, malia que rebentemos de odio ou de rabia ou do que sexa, aínda nos queda estar xuntos, e xuntos imos estar pese a quen pesar”.
Zunzunegui, Santos, “Os traballos e os días”, en Fernando Rey: cabaleiro do cinema (1917-2017), Castro de Paz, José Luis e Ventureira, Rubén (ed.), Concello da Coruña, 2017.