
LA BLESSURE
Nicolas Klotz, 2005
162´. Subtítulos en galego. Presentación a cargo de Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval. Entrada gratuíta.
LA BLESSURE / [A FERIDA]
(Francia, 2005)
Dirección: Nicolas Klotz. Guión: Elisabeth Perceval. Produción: Aurora Films, Petits et Grands Oiseaux. Fotografía: Hèléne Louvart. Intérpretes: Noëlla Mossaba, Adama Doumbia. Duración: 162 minutos.
Papi recibe unha chamada no seu móbil: Blandine agárdao no aeroporto. Cando chega ninguén sabe dela, o seu nome non figura nos rexistros. Papi explica que a súa muller pediu asilo político e que está no país. Blandine, en efecto, permanece detida ilegalmente xunto a outros inmigrantes e pronto será levada pola forza nun avión de regreso a África. A visibilidade dos corpos, xestos, rostros e temporalidades ocultos para a sociedade nun relato político que amosa os abusos e as exclusións da nosa contorna.