The kid/ El chico
Chales Chaplin, 1921
65'. DCP. Subt. Castelán. Entrada gratis.
THE KID / EL CHICO
(Estados Unidos, 1921)
Dirección e guión: Charles Chaplin. Intérpretes: Charles Chaplin, Edna Purviance, Jackie Coogan, Carl Miller. Dur.: 65'.
Edna é unha muller moi pobre que se ve na necesidade de abandonar o seu fillo nun coche diante da casa duns millonarios. Por unha serie de circunstancias o rapaz acaba ao coidado do vagabundo Charlot, que constrúe un fogar para el, e sobrevive recorrendo á picaresca. Cinco anos despois, e con súa nai convertida nunha popular actriz, o destino intentará separalos...
Primeira longametraxe de Charles Chaplin, está considerada como unha das máis emotivas sobre a infancia. Conta con escenas memorables como a conmovedora e imitada secuencia na que os servizos sociais separan a Jackie Coogan de Charlot. Combinación maxistral de comedia e drama cunha alta dose de crítica social, conta con moitos elementos autobiográficos do director que fan desta película un dos seus traballos máis persoais. No ano 1971 Chaplin compuxo a música para a película, que se rodara muda.