Hermia & Helena / Tour D'A
Matías Piñeiro, 2016
87'. DCP. Subt. Castellano
Hermia & Helena / Tour D'A
(Arxentina, Estados Unidos, 2016)
Dirección e guión: Matías Piñeiro. Fotografía: Fernando Lockett. Intérpretes: Agustina Muñoz, Maria Villar, Mati Diop, Julian Larquier. Dur: 87´.
Pódese facer unha película neoiorquina sen caer nos lugares comúns? Na súa primeira incursión en territorio estadounidense, Matías Piñeiro demostra que si. O arxentino volve encomendarse a William Shakespeare —nesta ocasión ao Soño dunha noite de verán que inspira o título— para acompañar a protagonista, unha dramaturga que se traslada dende Bos Aires a Nova York para unha residencia artística. Como xa é costume na obra de Piñeiro, este será o punto de partida dunha trama lixeira e á vez enredada ao redor da fugacidade e da transmisión do desexo. Con referencias ao cine independente estadounidense —que inclúe a presenza do director Dan Sallitt—, en Hermia & Helena Piñeiro tamén incorpora a súa nómina habitual de novas actrices, como a francesa Mati Diop —que adoramos dende os seus filmes con Claire Denis— nun filme dedicado á máis grande de todas elas, Setsuko Hara. (D'A)
En colaboración co D'A Festival Internacional de Cinema de Autor de Barcelona.