GUERNICA
Alain Resnais e Robert Hessens, 1950
12´. Vídeo. Subtítulos en castelán. Presentación do libro de memorias de María Casares “Residente Privilexiada”. Entrada gratuíta.
GUERNICA
(Francia, 1950)
Dirección: Alain Resnais e Robert Hessens. Guión: Paul Éluard. Produción: Les Films du Panthèon. Fotografía: Henry Ferrand. Duración: 12 minutos.
Exploración das múltiples relacións dialécticas e diferentes dimensións derivadas da emblemática pintura de Picasso realizada por Alain Resnais logo das obras sobre pintores como Van Gogh e Gauguin. Narrada pola memorable actriz galega María Casares e Jacques Pruvost, os textos pertencen a Paul Éluard.