
Off Galicia: Traducid, malditos!
Proxección pezas Galicieiras, Charlie Behrens e Henry Butcher (1994-2012)
57’. Vídeo/Súper 8. Presentación polos seus autores. Entrada de balde.
TRADUCID MALDITOS!
(España-Arxentina-Gran Bretaña, 1994-2012)
Dirección e produción: Galicieiras, Henry Butcher e Charlie Behrens. Duración: 57 minutos.
GALICIEIRAS (Lochos & José Luis Ducid) xestionaron a presenza de dous mozos realizadores británicos no CGAI, Henry Butcher e Charlie Behrens -fillo do escritor e pintor londiniense Tim Behrens, afincado na Coruña desde hai 25 anos-, para presentar conxuntamente unha serie de pezas audiovisuais relacionadas coa íntima necesidade de revisitar o pasado. De volver... (aínda sabendo que se trata dunha viaxe imposible, ou en palabras do escritor Alajandro Dolina “...A viaxe imposible”). Para tentar conseguilo sérvense da reciclaxe de distintos formatos reivindicando a imperfección, o pestanexar, a interferencia, como expresión fidedigna da memoria. Os subtítulos, claves nesta sesión, son entendidos a nivel formal como parte constituínte do encadre máis aló da súa función evidente. Chama a atención en Traducid, malditos! que, malia a diferenza de idades e procedencias, os catro coincidan en tan amistosa, nostálxica e, á vez, moderna chiscadela.
Sesión formada polos traballos:
How to be born human and become as an argentinian (Arxentina-España, 1994-2012) de Galicieiras. Vídeo. 38'.
Acoustic Memory (Gran Bretaña, 2012) de Henry Butcher. Súper 8. 5'.
Digital Switchover (filename: TV Face Test) (Gran Bretaña, 2012) de Charlie Behrens. Vídeo. 2'.
Split (Gran Bretaña, 2012) de Charlie Behrens. Súper 8. 2'.
Cartoons In Love (Gran Bretaña, 2012) de Charlie Behrens. Súper 8. 2'.
Do you want to See? (Gran Bretaña, 2012) de Charlie Behrens. Vídeo. 3'.
Algorithmic Architecture (Gran Bretaña, 2012) de Charlie Behrens. Vídeo. 3'.
Blink A Coruña (España-Gran Bretaña, 2011) de Charlie Behrens. Súper 8. 2'.