Esperpentos
José Luis García Sánchez, 2008
115'. Vídeo. Entrada gratuita
Esperpentos
(España, 2008)
Dirección: José Luis García Sánchez. Guión: Rafael Azcona, José Luis García Sánchez. Fotografía: José Luis Alcaine, Javier Salmones. Dur: 115’.
Dúas adaptacións, digamos, académicas (Divinas palabras e Tirano Banderas), mais algunha montaxe escénica seica persuadiron ao intermitente, mais sempre interesante José Luis García Sánchez de que o único xeito posible de collerlle o punto a Valle-Inclán é facelo literalmente: que as situacións que propón nos que o galego chamou os seus “esperpentos” son dunha truculencia extrema; que a súa linguaxe, a un tempo bárbara e refinadísima; que os seus personaxes, no límite da caricatura, semellan aconsellar mesura é só unha visión de poucos voos e probablemente enganada. Se algo proba esta película irregular e apaixonante, excesiva con todas as súas consecuencias, é que a Valle hai que tomalo por enteiro, ou esquecerse del. Así, Esperpentos resulta talvez a adaptación máis sorprendente, e ao mesmo tempo cruelmente fiel, da obra dun dramaturgo que sempre se lle resistiu ao cine español; e aí queda esa visión entre tétrica e cáustica dalgunhas das vellas institucións do reino (o exército), dalgunhas das pantasmas máis carpetovetónicas (a envexa, o adulterio, o incesto, mesmo)... como se as obras orixinais, na súa clarividencia e actualidade, se escribiran antonte, sen ir máis lonxe. (Mirito Torreiro, Fotogramas)
Sesión especial para acompañar a representación de Martes de Carnaval que pon en escena esta tempada o Centro Dramático Galego.