![Encallados Encallados](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_2982.jpg?itok=KIFD7sRK)
Encallados
Alfonso Zarauza, 2013.
65'. DCP. Presentación. Entrada de balde.
ENCALLADOS
(España, 2013)
Dirección: Alfonso Zarauza. Guión: Xosé Castro “Pato”, Andrés Mahía e Alfonso Zarauza. Produción: Zircozine. Fotografía: Alberto Díaz, “Bertitxi”. Intérpretes: Xúlio Abonjo, Federico Pérez, Ricardo de Barreiros. Duración: 65 minutos.
Un director de cine ao que lle encargan facer un filme con poucos medios sobre o Prestige, contacta con dous amigos guionistas de teleserie para escribir a película e acaban, como o propio petroleiro, encallados ante a imposibilidade de levar a termo a historia. Rodada en 16 mm, inclúe a aparición de Luís Tosar.