El tour de los populares
Marina Pérez, Matías Losada, 2017
74'. HD. Presentación M. Pérez y M. Losada. Entrada gratuita
El tour de los populares
(España, 2016)
Marma Ideas, España, 2016, 74'.
Cabezón de la Sal é unha vila de Cantabria, de tradición ciclista dende os anos 40 do século pasado. A bicicleta sempre acompañou os seus habitantes a traballar, a se divertir e a facer deporte. Moitos dos seus habitantes viviron moi pegados á bicicleta dende cativos e quixeron participar en moitos eventos en lugares próximos e en lugares non tan próximos. Un día deciden eles facer a súa vila protagonista dunha carreira. Porque o lema en Cabezón de la Sal é: si los demás pueden, nosotros también podemos. E cun afán de notoriedade e certa teimosía cántabra deseñan a carreira ciclista por montaña máis dura da Península. Ese convencemento do “si los demás pueden, nosotros también podemos” serviulles para atraeren os máis de dez mil participantes que se marcaron retos imposibles. A xente do lugar, dende os máis veteranos aos máis novos, é quen de convencer a calquera de que todo é posible. Este contaxio é tan grande que o Soplao converteuse no lugar ideal para que moitos participantes que sufriron reveses na vida cruzaran esa porta que os leva a ter unha segunda oportunidade. É o caso de todos os nosos protagonistas.