El otro día
Ignacio Agüero, 2012
120'. Vídeo.
EL OTRO DÍA
(Chile, 2012)
Dirección e guión: Ignacio Agüero. Produción: Ignacio Agüero e Christian Aspée. Fotografía: Arnaldo Rodríguez, Gabriel Díaz e Claudia Serrano. Duración: 120 minutos.
A casa do cineasta ten unha porta cara á rúa. Esta porta separa o espazo interior do espazo exterior. O interior contén a historia persoal do cineasta e o seu mundo de obxectos, imaxinación e pensamentos. O espazo exterior contén a cidade de Santiago de Chile. As historias do mundo interior na casa do cineasta en Santiago de Chile son interrompidas cando uns estraños tocan no timbre e, ao facelo, entran na película.