EL CANT DELS OCELLS
Albert Serra, 2008.
98´. Subtítulos en castelán. Presentación a cargo do seu autor,
Albert Serra. Entrada gratuíta.
EL CANT DELS OCELLS
(España, 2008)
Dirección e guión: Albert Serra. Produción: Eddie Saeta e Andergraun Films. Fotografía: Jimmy Gimferrer e Neua Ollé. Intérpretes: Lluis Carbó, Lluis Serrat Battle, Lluis Serrat Masanellas. Duración: 98 minutos.
Descrición lírica e audaz do traxecto dos Reis Magos cara á adoración de Xesús. Contén ecos de grandes mestres (Pasolini, Rossellini, Dreyer, Bresson, Godard) e correlación con elementos da tradición cultural cristiá, desde o cine primitivo, os retablos da antigüidade e os autos de representación teatrais. El cant dels ocells (O canto dos paxaros, 2008), unha celebración relixiosa con música de Pau Casals vén de gañar 3 Premios Gaudí. A consecución dun estado de iluminación nun relato relixioso, exploratorio da fe e o misterio transmítese na esencialidade a través da posta en escena; un hilarante sentido do humor; a destrución de toda estandarización estilística por medio de presuntos tempos mortos entendidos como capturas do intanxible, en definitiva unha mestura de técnicas onde se atopan ficción e non-ficción.